O RC Deportivo pon á venda desde o luns 5 de febreiro na Oficina de Atención ao Deportivista as entradas para o encontro da 24ª xornada de LaLiga Santander ante o Alavés do sábado 17 de febreiro ás 18:30 horas no Estadio de Mendizorrotza.
As entradas, á venda até o 15 de febreiro de 2018 ás 13:30 h. en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h., teñen un prezo de 30 euros.
Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI do destinatario dos tickets ou unha fotocopia do mesmo.
Os peñistas deberán xestionar as súas entradas a través da Federación de Penas.