RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Á venda na OAD as entradas para o Real Madrid-Dépor

O RC Deportivo pon á venda desde o luns 15 de xaneiro na Oficina de Atención ao Deportivista as entradas para o encontro da 20ª xornada de LaLiga Santander ante o Real Madrid do domingo 21 de xaneiro ás 16:15 horas no Estadio Santiago Bernabéu.

As entradas, dispoñibles até o xoves 18 de xaneiro de 2018 ás 19:00 h. en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h., teñen un prezo de 40 euros e corresponden ao 4º Anfiteatro Fondo Norte.

Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI do destinatario dos tickets ou unha fotocopia do mesmo xa que as entradas son nominativas.

Os peñistas deberán xestionar as súas entradas a través da Federación de Penas.