RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

A vitoria do Alevín A en San Tirso abre a xornada en #ANOSACANTEIRA

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA arrincou hoxe venres 16 de febreiro en San Tirso, co segundo partido do Alevín A, e segundo triunfo (0-6), no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.

O derbi polo título galego infantil entre o Celta e o Infantil A será o encontro máis destacado da fin de semana. O partido xogarase na Madroa (Vigo) mañá sábado ás 12:00 horas. Ambos os equipos marchan igualados a 15 puntos de 15 posibles á fronte da Fase polo Título, e xa distanciados dos demais rivais.

En Abegondo, con entrada libre para os afeccionados, o domingo (10:30) veranse as caras o Infantil B e o Orillamar, co liderado do grupo 1º da Primeira Autonómica en xogo. Ambos os conxuntos marchan separados por un punto á fronte da táboa.

En Segunda División B, o Fabril recibe á Ponferradina o domingo 18 de febreiro ás 12:00 horas en Abegondo.

Os socios deportivistas teñen acceso gratuíto. A entrada de público sénior vale 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Para o resto de encontros en Abegondo (Xuvenil A o domingo ás 17:00 e Cadete B o sábado ás 11:30), os socios do Dépor teñen entrada libre. O público deberá abonar 3 euros.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
26ª xornada: FABRIL - PONFERRADINA, o domingo 18 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 51 puntos; 2. Rayo Majadahonda e Rápido de Bouzas, 45 puntos; 4. Fabril e Navalcarnero, 44 puntos; 6. Atlético de Madrid B, 41 puntos...

Categoría feminina
20ª xornada: EFM CONCELLO DE BOIRO - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 18 de febreiro ás 12:00 no campo de Vista Alegre (Boiro)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 53 puntos; 2. Atlético Arousana, 45 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 42 puntos; 4. Viajes InterRías FF, 39 puntos...

Categoría xuvenil
24ª xornada: XUVENIL A - LUGO, o domingo 18 de febreiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 53 puntos; 2. Sporting de Gijón, 52 puntos; 3. Celta, 49 puntos...

23ª xornada: COMPOSTELA - XUVENIL B, o domingo 18 de febreiro ás 12:15 nas Cancelas (Santiago)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria, 47 puntos; 4. Racing de Ferrol, 43 puntos; 5. Xuvenil B, 42 puntos; 6. Rápido de Bouzas e Lugo B, 28 puntos...

Categoría cadete
23ª xornada: SANTIAGO DE COMPOSTELA - CADETE A, o domingo 18 de febreiro ás 12:00 en Santa Isabel (Santiago)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 64 puntos; 2. Cadete A, 55 puntos; 3. Pabellón Ourense, 40 puntos...

23ª xornada: CADETE B - RACING VILLALBÉS, o sábado 17 de febreiro ás 11:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 4. Viveiro A, 43 puntos; 5. Cadete B, 38 puntos; 6. Lugo B, 36 puntos; 7. EF Lalín e Victoria B, 34 puntos...

Categoría infantil
6ª xornada: CELTA - INFANTIL A, o sábado 17 de febreiro ás 12:00 na Madroa
Clasificación da liga Galega, Fase polo Título: 1. Celta e Infantil A, 15 puntos; 3. Ourense, 9 puntos...

25ª xornada: INFANTIL B - ORILLAMAR, o domingo 18 de febreiro ás 10:30 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar, 56 puntos; 2. Infantil B, 55 puntos; 3. Victoria B e Ural B, 45 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 2ª xornada: SAN TIRSO A 0 - ALEVÍN A 6 (Hugo -2-, David, Héctor, Pablo e Álvaro)

4ª xornada: CALVO SOTELO - ALEVÍN B, o domingo 18 de febreiro ás 11:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B (un partido menos), 6 puntos; 2. Xesuitinas, 4 puntos...

Categoría benxamín
7ª xornada: BENXAMÍN A - ORILLAMAR A, o sábado 17 de febreiro ás 13:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase da Primeira Comarcal: 1. Benxamín A, 18 puntos; 2. Ural A e Calasanz A, 13 puntos...

15ª xornada: BENXAMÍN B - VICTORIA C, o sábado 17 de febreiro ás 11:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 39 puntos; 2. Victoria C, 34 puntos...