RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

A vitoria do Cadete B abre a fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con 3 partidos de sábado en Abegondo

Finalizada a Semana Santa, os equipos de #ANOSACANTEIRA retornan á competición ligueira, salvo o Xuvenil A, coa súa competición xa concluída na División de Honra.

A xornada arrincou onte xoves, co triunfo do Alevín A (17-1) ante o Atlético Arteixo A, con motivo da 10ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Hoxe venres 26, a quenda foi para o Cadete B, que retomou a liga Galega en Caranza cunha nova vitoria (1-2).

Todos os demais partidos serán a fin de semana. De todos eles, só 3 xóganse en Abegondo mañá sábado 27:

O Fabril recibe ao Unionistas de Salamanca CF (17:00 horas). O filial, con todo decidido a nivel clasificatorio, quere despedirse da temporada dando alegrías aos afeccionados. Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro, como adoita suceder nos partidos en Abegondo. Son baixa Raúl González, sancionado; e Bicho, con molestias nun sóleo.

E pola mañá (11:00), Xuvenil B e Cadete A mídense aos respectivos equipos do CD Areosa. Nestes dous partidos, os socios deportivistas teñen entrada gratuíta; e para o público, a entrada custa 3 euros.

Pola súa banda, xogan fóra de Abegondo o sábado 27 o Infantil A (ás 12:00 en Vigo ante o UD Santa Mariña) e Infantil B (ás 16:00 en Elviña ante o Sporting Coruñés); e o domingo 28 o Deportivo ABANCA B (ás 17:00 en Oseiro ante o SCD Pastoriza).

Finalmente, o partido correspondente á 21ª xornada da Primeira Comarcal entre o CD Calasanz A e o Benxamín A trasládase ao martes 30 ás 18:30 no campo 1 de San Pedro de Visma.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
35ª xornada: FABRIL - UNIONISTAS DE SALAMANCA CF, o sábado 27 de abril ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. CF Salmantino, 40 puntos; 16. Burgos CF, 39 puntos; 17. Rápido de Bouzas, 35 puntos; 18. AD Unión Adarve, 33 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 25 puntos; 20. Fabril, 20 puntos

Categoría feminina
27ª xornada: SCD PASTORIZA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 28 de abril ás 17:00 en Oseiro (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 74 puntos; 2. Viaxes InterRías FF, 70 puntos...

Categoría xuvenil
30ª xornada: XUVENIL B - CD AREOSA, o sábado 27 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 64 puntos; 3. Xuvenil B, 55 puntos; 4. CD Conxo Santiago e Victoria CF, 53 puntos; 6. CD Areosa, Porriño Industrial CF e Pabellón Ourense CF, 47 puntos...

Categoría cadete
30ª xornada: CADETE A - CD AREOSA, o sábado 27 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 81 puntos; 2. Cadete A, 74 puntos; 3. Ural CF, 60 puntos...

30ª xornada: GALICIA CARANZA 1 - CADETE B 2 (Hugo Suárez e Xosé)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 70 puntos; 3. Cadete B (un partido máis), 62 puntos; 4. Racing Villalbés, 54 puntos...

Categoría infantil
14ª xornada: UD SANTA MARIÑA - INFANTIL A, o sábado 27 de abril ás 12:00 en Cotogrande-2 (Vigo)
Clasificación da liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 39 puntos; 2. RC Celta, 34 puntos; 3. Bertamiráns FC, 30 puntos...

34ª xornada: SPORTING CORUÑÉS SD - INFANTIL B, o sábado 27 de abril ás 16:00 en Elviña (campo pequeno)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión), 89 puntos; 2. Ural CF B, 79 puntos...

Categoría alevín
10ª xornada: ALEVÍN A 17 (Rubén -5-, Daniel -4-, Bruno -3-, Cristian -2-, Álex, Xenxo e Vergara) - ATLÉTICO ARTEIXO A 1
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Victoria CF A, 27 puntos; 2. Alevín A (un partido máis), 25 puntos; 3. CD Calasanz A, 22 puntos; 4. Ural CF A, 21 puntos; 5. EF Luis Calvo Sanz A, 15 puntos...

9ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN B - ALEVÍN B, o sábado 27 de abril ás 10:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B, 24 puntos; 2. Ural CF C, 21 puntos; 3. CD Calasanz C e Atlético Coruña Montañeros CF C, 15 puntos...

Categoría benxamín
21ª xornada: CD CALASANZ A - BENXAMÍN A, o martes 30 de abril ás 18:30 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 54 puntos; 2. CD Calasanz A, 52 puntos; 3. Victoria CF A, 48 puntos...

10ª xornada: BENXAMÍN B - IMPERÁTOR OAR B, o sábado 27 de abril ás 13:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 27 puntos; 2. CD Calasanz B, 21 puntos...