RCD / NOVAS

A Vitoria leva o Teresa Herrera feminino

- Foto: Susi García - A final do Trofeo Teresa Herrera feminino puxo o punto final a nove horas de fútbol ininterrompidas en Riazor, que arrincaron ás 16.00 do sábado, co Mini Teresa Herrera prebenjamín e benjamín, e concluíron á 1:00 da madrugada de hoxe domingo.

10/08/2014 01:01


- Foto: Susi García -

A Vitoria fíxose co trofeo ao dobregar ao Boavista portugués (2-1) con tantos de Nerea Carballo e Natalia. Figo foi a goleadora lusa.


- Foto: Susi García -

Algo máis dun milleiro de persoas presenciaron na Tribuna de Riazor un entretido partido feminino co que finalizou a primeira xornada do decano dos torneos estivais.


- Foto: Susi García -

A nota de cor da noite púxoa o conxunto luso que se viu obrigado a xogar cun equipamento cedido de urxencia polo Deportivo despois de que o equipo portugués sufrise o roubo dos seus uniformes oficiais. Deste xeito, unha das históricas camisetas que o Dépor luciu na súa etapa europea máis brillante, volveu verse sobre o céspede de Riazor.