RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

A xornada de #ANOSACANTEIRA arranca mañá venres co choque do Benxamín B en Abegondo

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA arranca mañá venres 25 de maio co partido da Segunda Comarcal Benxamín entre o Deportivo B e o Santa Cruz B, ás 19:00 en Abegondo. O choque, sen transcendencia clasificatoria, adiántase debido á participación do conxunto deportivista no Torneo Concello da Estrada do sábado.

O partido estrela será a volta da primeira eliminatoria da Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3 entre o Fabril e o Extremadura, previsto para o sábado 26 de maio ás 17:00 en Abegondo.

Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Na ida en Almendralejo gañaron pola mínima os locais (2-1), que fixeron valer un frenético inicio de partido, cando se puxeron por diante no marcador con 2 tantos.

Esta fin de semana conclúen a súa competición ligueira o Xuvenil B (en Pontevedra ante o Lérez), en pugna co Racing de Ferrol pola medalla de bronce da categoría; e o Cadete B (en Abegondo fronte ao Ural B), que necesita polo menos un punto para asegurar a cuarta praza. Para o martes 29 queda o encontro do Cadete A (en Abegondo ante o Calasanz), xa subcampión desde fai varias xornadas da División de Honra;

Tamén xoga en casa, en Ponte dos Brozos (Arteixo), o Deportivo ABANCA B, que se mide ao Torre en cuartos de final da Copa de Primeira Autonómica Feminina. A eliminatoria, a partido único, será ás 16:00 do domingo.

Finalmente, Alevín A e Benxamín A disputan en Mos (Pontevedra) a Fase Final do Campionato Galego, á que accederon após ser campións da Fase Intermedia xogada a pasada fin de semana.

O calendario de partidos é o seguinte:

Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3
Primeira eliminatoria, volta: FABRIL - EXTREMADURA, o sábado 26 de maio ás 17:00 en Abegondo. Na ida: 1-2

Categoría feminina
Copa de Primeira Autonómica Feminina, cuartos de final: DEPORTIVO ABANCA B - TORRE, o domingo 27 de maio ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
34ª xornada, última: LÉREZ - XUVENIL B, o domingo 27 de maio ás 12:00 na Xunqueira 1 (Pontevedra)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. Ural, 80 puntos; 3. Xuvenil B, 70 puntos; 4. Racing de Ferrol, 69 puntos; 5. Victoria, 60 puntos...

Categoría cadete
34ª xornada, última: CALASANZ - CADETE A, o martes 29 de maio ás 19:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 94 puntos; 2. Cadete A, 83 puntos; 3. Pabellón Ourense, 60 puntos...

34ª xornada, última: CADETE B - URAL B, o sábado 26 de xuño ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude Oroso, 71 puntos; 4. Cadete B, 64 puntos; 5. Lugo B, 61 puntos...

Categoría alevín
Sábado 26 de maio
Fase Final do Campionato Galego nas Baloutas (Mos, Pontevedra)
Semifinal
13:00: ALEVÍN A - PORRIÑO INDUSTRIAL
O partido polo terceiro e cuarto posto e a gran final xóganse pola tarde.

Categoría benxamín
Sábado 26 de maio
Fase Final do Campionato Galego nas Baloutas (Mos, Pontevedra)
Semifinal
12:00: BENXAMÍN A - PABELLÓN OURENSE
O partido polo terceiro e cuarto posto e a gran final xóganse pola tarde.

29ª xornada: BENXAMÍN B - SANTA CRUZ B, mañá venres 25 de maio ás 19:00 en Abegondo
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (xa campión), 78 puntos; 2. Calasanz C e Victoria C, 67 puntos...