A xornada ligueira de #ANOSACANTEIRA arranca mañá mércores 13 de setembro en Abegondo. O Infantil B adianta o seu partido de liga da fin de semana na Primeira Autonómica debido á súa participación no Torneo Ciudad de Miranda (Burgos).
Por outra banda, tras o subcampeonato do Torneo de Narón logrado o pasado sábado, o Alevín A ten un novo reto esta próxima fin de semana, a Copa Tormes, na localidade salmantina de Santa Marta de Tormes.
En Segunda División B, o Fabril visita o domingo 17 de setembro ao Rayo Majadahonda despois do seu gran partido da pasada fin de semana en Abegondo ante o Real Madrid Castilla.
Finalmente, esta fin de semana xogan en Abegondo Xuvenil B (Liga Nacional) e Cadete A (División de Honra). Como é habitual, os socios do Dépor teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público sénior, a entrada custa 3 euros.
Xuvenil A (División de Honra), Cadete B (Liga Galega) e Infantil A (Liga Galega) competirán lonxe da Cidade Deportiva, en Xixón, Caranza (Ferrol) e A Barcala respectivamente.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda División B
RAYO MAJADAHONDA - FABRIL, o domingo 17 de setembro ás 12:00 no Estadio Cerro del Espino
Clasificación: ... 4. Atlético de Madrid B, Celta B e Racing de Ferrol, 8 puntos; 7. Fabril, Fuenlabrada e Navalcarnero, 7 puntos; 10. Rayo Majadahonda e Coruxo, 6 puntos...
Categoría feminina
Primeira División Feminina, 2ª xornada: CCAR VALLADARES - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 17 de setembro ás 17:00 no Campo Municipal da Gándara - Valladares (Vigo)
Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: LLANO 2000 - XUVENIL A, o sábado 16 de setembro ás 17:00 no campo Braña Sur (Xixón)
Liga Nacional, 2ª xornada: XUVENIL B - OURENSE, o sábado 16 de setembro ás 12:30 en Abegondo (campo 5)
Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: CADETE A - BERGANTIÑOS, o sábado 16 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)
Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: GALICIA CARANZA - CADETE B, o domingo 17 de setembro ás 11:30 no Municipal de Caranza (Ferrol)
Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: ONCE CABALLEROS - INFANTIL A, o domingo 17 de setembro ás 12:00 no campo de Lendoiro (A Barcala)
Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: INFANTIL B - SPORTING CAMBRE, mañá mércores 13 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo 6)
XVIII Torneo Ciudad de Miranda, en Miranda de Ebro (Burgos)
Primeira Fase
Venres 15 de setembro
15:30: INFANTIL B - EIBAR
Sábado 16 de setembro
12:00: GETAFE - INFANTIL B
18:15: BARCELONA - INFANTIL B
O primeiro de grupo e o mellor segundo clasificado dos tres grupos pasan a semifinais, que se xogarán xa o domingo 17 de setembro.
Categoría alevín
Copa Tormes, en Santa Marta de Tormes (campo Alfonso San Casto)
Primeira Fase
Venres 15 de setembro
19:00: VILLARREAL CF - ALEVÍN A
Sábado 16 de setembro
10:40: ALEVÍN A - UD SANTA MARTA B
13:20: ALEVÍN A - CD LAGUNA
Os dous primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.