RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A xornada en #ANOSACANTEIRA arrancou cun empate do Infantil B en Abegondo

A xornada de liga en #ANOSACANTEIRA arrancou hoxe venres co partido da 9ª xornada do grupo 1º da Primeira Autonómica entre o Infantil B e o Santa María del Mar, en Abegondo. Houbo empate (3-3) nun partido no que os erros defensivos custaron moi caro aos branquiazuis.

Este fin de semana inicia a liga o Alevín B, o último dos equipos branquiazuis en arrancar a súa competición oficial. Farao na segunda xornada, posto que a primeira, que tiña previsto disputarse o pasado sábado, foi suspendida por falta de campos.

Desta forma, os 12 equipos de #ANOSACANTEIRA xa se atopan coas súas respectivas ligas en marcha.

En Segunda División B toca proba de madurez para o Fabril, que visita ao terceiro clasificado, o Navalcarnero madrileño. O partido xogarase o domingo 23 de outubro ás 16:30 horas.

Non estará Bicho, intervido cirurxicamente onte a cargo do traumatólogo do Club, Rafael Arriaza, dunha inestabilidade recidivante do seu ombreiro dereito, por medio dunha estabilización artroscópica.

No resto de categorías sobresae o triplo enfrontamento co Lugo en División de Honra Xuvenil e Cadete; e Liga Nacional Xuvenil.

Este fin de semana compiten en casa o Deportivo ABANCA B (en Ponte dos Brozos); e Xuvenil B e Cadete A (Abegondo). Para estes dous últimos partidos, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

O calendario de partidos, co resultado de hoxe venres, é o seguinte:

Segunda División B
10ª xornada: NAVALCARNERO - FABRIL, o domingo 22 de outubro ás 16:30 no Estadio Municipal Mariano González
Clasificación: 1. Fabril, 22 puntos; 2. Fuenlabrada, 20 puntos; 3. Navalcarnero, 19 puntos...

Categoría feminina
7ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA FC B, o domingo 22 de outubro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: ... 2. Atlético Arousana, 16 puntos; 3. Viaxes InterRías FF, 14 puntos; 4. Deportivo ABANCA B e Victoria FC B, 13 puntos; 6. Umia, 12 puntos...

Categoría xuvenil
9ª xornada: LUGO - XUVENIL A, o sábado 21 de outubro ás 12:30 en Friol
Clasificación da División de Honra: 1. Oviedo, 19 puntos; 2. Xuvenil A, Celta e Racing de Santander, 18 puntos; 5. Sporting de Gijón, 17 puntos...

8ª xornada: XUVENIL B - LUGO B, o domingo 22 de outubro ás 12:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. Ural, 18 puntos; 3. Victoria, 16 puntos; 4. Racing de Ferrol, 15 puntos; 5. Xuvenil B e Santa Mariña, 13 puntos; 7. Pabellón, 12 puntos...

Categoría cadete
8ª xornada: CADETE A - LUGO A, o domingo 22 de outubro ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 21 puntos; 2. Cadete A, 17 puntos; 3. Pontevedra, 15 puntos...

8ª xornada: DUMBRÍA - CADETE B, o sábado 21 de outubro ás 17:00 no campo Municipal do Conco
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Atlético Coruña Montañeros, 21 puntos; 2. San Tirso, 19 puntos; 3. Xuventude de Oroso e Cadete B, 16 puntos; 5. Escola Estrada Fútbol Base, 15 puntos...

Categoría infantil
8ª xornada: OZA JUVENIL - INFANTIL A, o sábado 21 de outubro ás 10:00 na Leyma
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 19 puntos; 2. Calasanz, 17 puntos...

9ª xornada: INFANTIL B 3 (Trigo, Zerfu e Barral) - SANTA MARÍA DEL MAR 3
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar 22 puntos; 2. Infantil B (un partido máis), 21 puntos; 3. Ural B, 17 puntos...

Categoría alevín
Amigable, xogado o pasado luns: ALEVÍN 4 (Óscar -2-, Guerrero e Héctor) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B (infantil) 6

Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º, 2ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A - ALEVÍN A, o sábado 21 de outubro ás 10:00 na Torre

Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN B 6 (Óscar -2-, Bruno, Jairo, Álex e Dani) - VICTORIA A 7

Segunda Alevín, grupo 1º, 2ª xornada: ALEVÍN B - TORRE A, o domingo 22 de outubro ás 10:00 na Torre

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 2ª xornada: BENXAMÍN A - ATLÉTICO ARTEIXO A, o sábado 21 de outubro ás 10:00 na Torre

Segunda Comarcal A Coruña, 2ª xornada: BENXAMÍN B - ATLÉTICO SAN PEDRO B, o sábado 21 de outubro ás 10:00 na Torre nº 4