RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A xornada hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA deixa ao Alevín A como campión de liga

Última xornada de liga en 2018 para #ANOSACANTEIRA, que arrincou onte venres 21 co dobre duelo do Xuvenil B e Cadete A no campo de Os Remedios (Ourense) ante o Pabellón CF (0-1 e 1-3 respectivamente).

A fin de semana deixa un novo campión ligueiro, o Alevín A. O equipo de Roberto Veres, a falta dunha xornada, adxudicouse o título na Primeira Comarcal A Coruña ao imporse ao CD Calasanz A (2-4).

É o segundo campión de #ANOSACANTEIRA após o Infantil A, xa campión do grupo norte da liga Galega.

O Fabril caeu en Navalcarnero (2-0) e di adeus ao ano 2018 na zona de perigo da clasficación.

En canto ao resto de equipos, os únicos que compiten en Abegondo son o Deportivo ABANCA B (domingo ás 12:00); e todos os demais hoxe sábado 22: Cadete B (0-1) e Infantil A (5-0), os dous ante o Racing de Ferrol.

Xogaron lonxe da Cidade Deportiva hoxe sábado 22 o Xuvenil A (2-1 no derbi co Ural CF na Grela) e Infantil B (0-7 fronte ao SCD San Cristóbal na Leyma).

Xa están de vacacións en canto a competición oficial refírese o Alevín B e Benxamín A. O Benxamín B disputou hoxe sábado 22 na Torre o partido pertencente á xornada 5ª na Segunda Comarcal A Coruña que foi aprazada o pasado 24 de novembro polo temporal de choiva que azoutou ese día á Coruña. A vitoria caeu ao lado deportivista: 8-1.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División
18ª xornada: CDA NAVALCARNERO 2 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 15ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA CF B, o domingo 23 ás 12:00 en Abegondo (campo de herba artificial)

Categoría xuvenil
División de Honra, 18ª xornada: URAL CF 2 - XUVENIL A 1 (Guedes)

Liga Nacional, 17ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 0 - XUVENIL B 1 (Luque)

Categoría cadete
División de Honra, 17ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 1 - CADETE A 3 (Mauro, Hugo Suárez e Padín)

Liga Galega, grupo norte, 17ª xornada: CADETE B 0 - RACING DE FERROL B 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 22ª xornada e última: INFANTIL A 5 (Mella -2-, Domínguez, Mardones e Martiño) - RACING DE FERROL 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 19ª xornada: SCD SAN CRISTÓBAL 0 - INFANTIL B 7 (Óscar -3-, Bruno, Álvaro, Jairo e Hodei)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 10ª xornada: CD CALASANZ A 2 - ALEVÍN A 4 (Murilo -2-, Rubén e Eli)

Categoría benxamín
Segunda Comarcal A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN B 8 (Yago lameiro -2-, Pablo -2-, José -2-, Rodrigo e Raúl) - XESUITINAS B 1