RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Xunta Xeral de Accionistas do RC Deportivo celebrarase mañá após non alcanzarse quórum

A Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Real Club Deportivo celebrarase definitivamente o luns 20 de novembro ás 19:45 horas en segunda convocatoria após non alcanzarse quórum na primeira. Non houbo accionistas presentes hoxe no Salón Arao (Planta 2) de Palexco.

Durante todo o día 20, nas propias instalacións de Palexco, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:45 h., os accionistas ou os seus representantes poden obter o seu cartón de acceso e votación presentando o seu DNI no primeiro dos casos, e o DNI e a folla de delegación no segundo.

No caso de que o accionista represente a outros accionistas, deberá presentar simultaneamente o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado.

No caso daqueles accionistas que non vaian acudir á Xunta e que desexen delegar no presidente do Consello de Administración, poden entregala persoalmente na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio Abanca-Riazor en horario de mañá ou en Palexco durante todo o día.