RCD / NOVAS

ABANCA-RIAZOR recibirá a visita do Racing o xoves 16 e do Cádiz o domingo 19 de xaneiro

29/11/2019 11:30

LaLiga fixo públicos os horarios as xornadas 23 e 24 de LaLiga SmartBank 2019-2020, que se disputarán na mesma semana, a primeira delas en modo intersemanal.

O Deportivo exercerá como local en ambas. Na 23ª, recibirá a visita do Real Racing Club de Santander. Será o xoves 16 de xaneiro ás 19:00 horas, coas cámaras de Movistar LaLiga como testemuñas.

Na 24ª xornada, ABANCA-RIAZOR recibirá a visita do Cádiz CF, o domingo 19 de xaneiro ás 16:00 horas, en partido televisado por #Vamos.

Estes son os horarios confirmados dos partidos do Deportivo:

Xornada 18, domingo 1 de decembro, 18:00 horas, Anxo Carro: Lugo - Dépor (Movistar LaLiga 1)

Xornada 19, domingo 8 de decembro, 16:00 horas, ABANCA-RIAZOR: Dépor - Zaragoza (#Vamos)

Xornada 20, sábado 14 de decembro, 18:00 horas, El Toralín: Ponferradina - Dépor (#Vamos)

Copa del Rey (1ª eliminatoria), martes 17 de decembro, 19:00 horas, Papa Luna: Illueca - Dépor

Xornada 21, venres 20 de decembro, 21:00 horas, ABANCA-RIAZOR: Dépor - Tenerife (Gol)

Xornada 22, domingo 5 de xaneiro, 12:00 horas, Nuevo Los Pajaritos: Numancia - Dépor (Movistar LaLiga)

Xornada 23, xoves 16 de xaneiro, 19:00 horas, ABANCA-RIAZOR: Dépor - Real Racing Club (Movistar LaLiga)

Xornada 24, domingo 19 de xaneiro, 16:00 horas, ABANCA-RIAZOR: Dépor - Cádiz (#Vamos)