RCD / NOVAS

Abdoulaye Ba, do despacho ao céspede de Abegondo

11/03/2020 12:46

Abdoulaye Ba (Saint-Louis, Senegal, 1 de xaneiro de 1991) viviu a súa primeira mañá frenética en Abegondo.

Acompañado polo Director Deportivo, Richard Barral, e o seu axente, chegou á Cidade Deportiva do Club pasadas as 10:00 horas.

Após formalizar os pertinentes contratos, Abdoulaye Ba incorporouse ao quecemento co resto do grupo, que hoxe contou ademais cos canteiráns Mujaid, Boian e Juan Rodríguez.

O cadro arrincou a mañá cun quecemento e rondos; e continuou cun partido a tres cuartas partes do campo 2; ademais dunha serie de exercicios tácticos de ataque-defensa.

Adestráronse á marxe do grupo Bóveda, Sabin Merino, Salva Ruiz e Montero, este con un adestramento específico de carácter preventivo.

Mañá xoves, o cadro está citada ás 09:30 para almorzar; e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.