RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abdoulaye Ba, Jovanović e Gandoy, novidades na convocatoria para medirse mañá ao Elche CF

Abdoulaye Ba, que se perdeu o encontro ante o Rayo Vallecano polo seu contrato de cesión co conxunto madrileño; a meta Jovanović e o canteirán Gandoy son as novidades na convocatoria para medirse mañá martes 23 de xuño ao Elche CF no Estadio Martínez Valero (19:30 horas, Movistar LaLiga).

Quedan fóra da convocatoria de maneira forzosa os lesionados Nolaskoain e Salva Ruiz, este cunhas molestias nos isquiotibiais. Os Servizos Médicos agardarán a evolución nos próximos días do lateral valenciano.

O adestramento desta mañá, de 1 hora de duración sobre o céspede, consistiu nun quecemento con rondos, unha tarefa de posesión e, para concluír, un partido a metade do campo 2.

O Dépor viaxa mañá martes, día do partido, a Elxe vía Alacante. O regreso será tralo partido no Estadio Martínez Valero.