RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abegondo acolle o I Torneo Nacional Femenino LaLiga Promises desde mañá venres até o domingo

Mañá venres 21 de xuño, ás 16:00 horas, arrancará na Cidade Deportiva de Abegondo a histórica primeira edición do Torneo Nacional Femenino LaLiga Promises, que se celebrará nas instalacións do RC Deportivo até o domingo 23.

LaLiga, no seu apoio e impulso ao fútbol feminino, creou a primeira edición dun torneo que é xa un clásico no fútbol base masculino: LaLiga Promises. Este torneo, que servirá de escaparate para as mellores canteiras de nenas do país, é unha ferramenta máis na visibilización do fútbol feminino e unha aposta máis de LaLiga polo crecemento do fútbol feminino a todos os niveis.

Neste sentido, resultaron fundamentais tanto a Real Federación Galega de Fútbol, como coorganizador do torneo, como o RC Deportivo, que cede a Cidade Deportiva de Abegondo para a disputa do mesmo.

Serán 14 equipos de categoría sub-12 os que participen nun torneo para a posteridade. Representarán a 12 dos 16 clubs que competirán na Liga Iberdrola 2019-2020 e ás 2 entidades que perderon a súa praza na máxima categoría á conclusión do curso 2018-19: Málaga CF e Fundación Albacete Balompié.

Un dos participantes será o Deportivo ABANCA, formado por unha selección de xogadoras galegas grazas á colaboración de diversos clubs que as cederon exclusivamente para este torneo.

Os conxuntos estarán divididos en 4 grupos, 2 deles de 4 equipos cada un e os outros 2 de 3 cada un.

Grupo A: Fundación Albacete Balompié, Atlético de Madrid Femenino, Real Betis Balompié e Sporting Club Huelva
Grupo B: Deportivo ABANCA, Levante UD, Madrid CFF e Sevilla FC
Grupo C: RCD Espanyol de Barcelona, UD Granadilla Tenerife e Rayo Vallecano de Madrid
Grupo D: Athletic Club, Málaga CF e Valencia CF Femenino

O calendario completo do I Torneo Nacional Femenino LaLiga Promises é o seguinte:

Primeira fase
Venres 21 de xuño
16:00: ATLÉTICO DE MADRID - REAL BETIS BALOMPIÉ
16:30: SPORTING CLUB HUELVA - FUNDACIÓN ALBACETE BALOMPIÉ
17:00: LEVANTE UD - SEVILLA FC
17:30: MADRID CFF - DEPORTIVO ABANCA
18:00: UD GRANADILLA TENERIFE - RCD ESPANYOL
18:30: ATHLETIC CLUB - VALENCIA CF
19:00: SPORTING CLUB HUELVA - ATLÉTICO DE MADRID
19:30: REAL BETIS BALOMPIÉ - FUNDACIÓN ALBACETE BALOMPIÉ
20:00: LEVANTE UD - MADRID CFF
20:30: DEPORTIVO ABANCA - SEVILLA FC

Sábado 22 de xuño
9:00: RAYO VALLECANO - UD GRANADILLA TENERIFE
9:30: MÁLAGA CF - ATHLETIC CLUB
10:00: ATLÉTICO DE MADRID - FUNDACIÓN ALBACETE BALOMPIÉ
10:30: REAL BETIS BALOMPIÉ - SPORTING CLUB HUELVA
11:00: DEPORTIVO ABANCA - LEVANTE UD
11:30: SEVILLA FC - MADRID CFF
12:00: RCD ESPANYOL - RAYO VALLECANO
12:30: VALENCIA CF - MÁLAGA CF

Cuartos de final
15:00: 1º GRUPO A - 2º GRUPO C
15:30: 1º GRUPO B - 2º GRUPO D
16:00: 1º GRUPO C - 2º GRUPO A
16:30: 1º GRUPO D - 2º GRUPO B

Domingo 23 de xuño
10:00: SEMIFINAL 1
11:00: SEMIFINAL 2
13:00: FINAL

Todos os encontros xogaranse no campo principal da Cidade Deportiva de Abegondo, adaptado para fútbol 7 para a ocasión cunhas medidas de 65 por 45 metros. A duración dos partidos será de dous tempos de 12 minutos cada un, salvo as semifinais e a final, que serán en dous partes de 20 minutos cada unha.

O torneo, ademais, poderá seguirse por Gol e LaLigaSportsTV, o que supón outro punto máis na aposta polo impulso e visibilidade do fútbol feminino.