RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abegondo pon esta semana o punto e final ao DéporCampus Cabreiroá 2021

A sexta quenda de Abegondo, que comezou hoxe luns 2 de agosto con 91 nenos e nenas, pon o punto e final ao DeporCampus Cabreiroá 2021, unha actividade xa tradicional no verán deportivo galego e que en 2021 alcanzou os 1.260 alumnos.

Todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo, que repartiron deportivismo por toda Galicia, en sedes como Cuntis, Zas, Silleda, Monforte, Bertamiráns, Caranza, Boiro, Ourense, Terras de Maside, Cee, Arteixo e Viveiro; ademais do Dépor Soccer Camp en Virginia (Estados Unidos).

Os interesados poden consultar toda a información nesta ligazón. Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.