RCD / NOVAS

Aberta a inscrición para o Curso de Adestradores do Deportivo. Data límite con probas de acceso: 10 de xullo

11/06/2019 13:19

Coa resolución publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado venres 7 de xuño, xa está aberta a inscrición para participar no Curso de Adestradores do Real Club Deportivo. Para o Nivel I e as probas de madurez a data límite de inscrición é o 10 de xullo. É posible solicitar máis información sobre o Curso de Adestradores do Real Club Deportivo, organizado polo Dépor Football Institute e que este ano alcanza a súa décimocuarta edición, en dcs@rcdeportivo.es, miguel.gamallo@rcdeportivo.es ou no 689 618 558.

Documentación para a inscrición:

Información xeral proceso de inscrición e curso 2019-2020