RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aberta a inscrición para o segundo mes da Escola RC Deportivo

Desde hoxe xa é posible inscribirse no primeiro mes completo da Escola RC Deportivo 2019-2020, o de novembro, segundo mes da actividade organizada pola Fundación Real Club Deportivo. Nela prepáranse, a cuberto, contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo. Na segunda quincena deste mes de outubro arrincaron os adestramentos con grupos luns, mércores e venres cun total 39 participantes.

Este novo curso presenta moitas novidades

    • Nova páxina web para a xestión da Escola (escola.rcdeportivo.es), con área privada para pais e alumnos, xestión de pagos e horarios, información personalizada do alumno...
    • Máis meses de clases: o curso desenvolverase desde outubro e até xuño (participación mínima na Escola: 1 mes)
    • Aumenta o arco de idade até os 14 anos (de 6 a 14 anos).
    • Esta temporada a sede principal trasládase ao campo de fútbol indoor das instalacións de PadelPlus (Alvedro): ¿Como chegar?
    • Auméntase un día máis á semana, os luns únense a mércores e venres, e atrásase a hora de comezo ás 17:30.
    • Para garantir unhas condicións óptimas de adestramento e calidade, os grupos que non conten cun número suficiente de alumnos inscritos, non iniciarán a actividade e devolveranse os importes das preinscricións aos alumnos dados de alta neses grupos. Se así fose, os alumnos que o desexen poderán recolocarse noutros grupos para poder comezar os adestramentos naqueles grupos que si dispoñan de alumnos suficientes (máximo 20 alumnos por quenda). Pola contra, se prefiren esperar a que esa quenda ou grupo comece, inscribiranse nunha lista de espera onde se lles notificará cando poderán arrincar os adestramentos.
    • Os alumnos que xa participaron na Temporada 2018-2019 na Escola RC Deportivo non teñen que abonar matrícula, a condición de que conserven o equipamento Macron oficial e poidan acudir con ela aos adestramentos.
    • Ponse en marcha unha escola de porteiros para todos aqueles alumnos/as inscritas que desexen seleccionar esta demarcación na inscrición.
    • As inscricións levarán a cabo unicamente a través da plataforma da Escola RC Deportivo. Pódese consultar como realizar o proceso de inscrición descargando o seguinte documento

Para calquera dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00.