RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aberta a inscrición para o segundo mes da Escola RC Deportivo

Até o próximo día 15 aínda é posible inscribirse para arrincar xa neste mes de novembro os adestramentos do segundo mes da Escola RC Deportivo. Na nova páxina web para a xestión da Escola (escola.rcdeportivo.es), con área privada para pais e alumnos, xestión de pagos e horarios e información personalizada do alumno é posible completar todo o proceso de inscrición en todas as quendas e horarios, algúns moi demandados, como o do venres ás 18:30 h., con tan só 3 prazas dispoñibles, para nenas e nenos entre 6 e 14 anos.

A Fundación Real Club Deportivo ten activa, por segunda temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan, a cuberto, contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo. Esta temporada a sede principal trasladouse ao campo de fútbol indoor das instalacións de PadelPlus (Alvedro): ¿Como chegar?

Hai que lembrar que os alumnos que xa participaron na Temporada 2018-2019 na Escola RC Deportivo non teñen que abonar matrícula, a condición de que conserven o equipamento Macron oficial e poidan acudir con ela aos adestramentos.

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es  ou no número de teléfono 981 25 95 00.