RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abertas inscricións para os DéporCampus Cabreiroá 2020, con protocolo especial COVID-19

Despois do longo período de confinamento, os DéporCampus Cabreiroá 2020 comezan a súa actividade organizativa coa apertura das inscricións en todas as sedes, entre elas a central en Abegondo, que este ano será do 20 xullo ao 28 de agosto e terá límite de prazas a 120 futbolistas por quenda. Seis semanas de actividade, cos mesmos prezos que na edición 2019, e con desconto para inscricións que se realicen antes do 20 de xullo. 

Como principais novidades, aplicarase un protocolo especial fronte á COVID-19. A todos os participantes entregaráselles unha máscara oficial do RC Deportivo, xunto co equipamento DéporCampus Cabreiroá con novo deseño e deberán asinar o documento de participación responsable que debe ser entregado o primeiro día, para poder participar na actividade. Pode consultarse todo o protocolo de seguridade de medidas hixiénico-sanitarias aquí

Ademais de Abegondo, continúan as citas no catro provincias galegas e outros puntos do país. Este ano serán sede dos DéporCampus Cabreiroá 2020: Milladoiro, Boiro, Caranza, Revilla de Camargo (Cantabria), Monforte, Ourense, Viveiro, Zas e Ordes, ademais da estrea de dúas novas sedes en Silleda e Terras de Maside. 

Toda a información e inscricións (que só poden efectuarse vía telemática) está dispoñible en www.deporcampus.rcdeportivo.es

Para calquera dúbida ou aclaración sobre o proceso de inscrición, podese escribir directamente a deporcampus@rcdeportivo.es.