RCD / NOVAS

Aberto o prazo de inscrición de Destino Riazor para o Dépor-Mirandés

25/09/2019 10:30

Xa está activa unha nova xornada de Destino Dépor, servizo para os socios e afeccionados que residen fóra da cidade e que lles permite acudir aos partidos, aos abonados con unha achega solidaria de 1 euro por traxecto adicado integramente a proxectos sociais da Fundación Real Club Deportivo e aos afeccionados por un pequeno suplemento sobre a entrada de Preferencia Superior, que o Dépor xoga en casa.

Xa é posible inscribirse para viaxar Destino Dépor ao partido RC Deportivo-UD Almería, que se xogará o domingo 6 de outubro de 2019 ás 18:30 horas.

Custo:

-Socios: 2€

-Afeccionados (prezo xeral): 5€

Inscricións:

Para realizar e xestionar as túas inscricións debes acceder directamente na seguinte ligazón: http://destinodepor.rcdeportivo.es/gl

Apertura de inscrición: 25/09/2019 10:00

Peche de inscrición: 02/10/2019 23:59

Publicación de rutas definitivas: 04/10/2019

O paquete Destino Dépor inclúe:

-Traslados en autocar

-Seguro de viaxe

-Entrada para asistir ao encontro (excepto no caso dos socios)

Avisos importantes:

Aqueles afeccionados que non se atopen á hora indicada nas paradas sinaladas tanto o traxecto de ida como de regreso corren o risco de perder o autobús. Dado que a posta en marcha do programa supón un investimento económico para o Club, só se activarán as rutas que teñan un mínimo 30 afeccionados inscritos. Por ese mesmo motivo os socios/afeccionados que unha vez inscritos se dean de baixa dunha ruta ou non acudan á mesma serán penalizados sen poder acceder á seguinte viaxe. Así mesmo, as prazas do autobús son limitadas, polo que unha vez completadas as prazas (por rigorosa orde de inscrición) non se aceptarán máis solicitudes para devandita ruta.

O dereito de uso gratuíto deste servizo outórgaselle unicamente ao titular do abono, polo que haberá un rigoroso control e no acceso ao bus deberá mostrarse o abono e DNI ao condutor.

DESTINO RIAZOR 1
16:30 - MALPICA.- Parada de Bus
17:00 - CARBALLO.- Estación de Autobuses
17:15 - LARACHA.- Parada de Bus
17:30 - ARTEIXO.- Parada de Bus
17:40 - VILARRODÍS.- Parada de Bus
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 2
16:00 - SANTIAGO.- Estadio San Lázaro
16:15 - SIGÜEIRO.- Parada de Bus
16:30 - ORDES.- Parada de bus
16:45 - CARRAL.- Parada de Bus
17:00 - VILABOA.- Parada de Bus
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 3
16:00 - FERROL.- Inferniño
16:10 - FENE.- Parada de Bus Perlío-Froiz
16:20 - MUGARDOS.- Supermercado Familia
16:35 - ARES.- Porta do Sol
16:45 - PONTEDEUME.- Intercambiador
16:55 - MIÑO.- Parada de Bus
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 4
14:30 - VERÍN.- Estación de Autobuses
15:30 - OURENSE.- Cervecería Asgalla R/ Francisco Añón Paz, 1
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 5
16:15 - MONFORTE DE LEMOS.- Estación de Autobuses
17:00 - SARRIA.- Estación de Autobuses
17:15 - LUGO.- Rúa Dinan (Cuartel da Garda Civil, detrás da Estación de Autobuses)
17:30 - RÁBADE.- Bar Bethoven
17:45 - BAAMONDE.- Tanatorio Iglesias
18:00 - GUITIRIZ.- Gasolinera
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 5-A
15:15 - VIVEIRO.- Oficina de Turismo
15:25 - XOVE.- Parada de Taxis
15:45 - SAN CIBRAO.- Casa do Mar
15:55 - CERVO.- Concello
16:15 - BURELA.- Estación de Autobuses
16:25 - FOZ.- Concello
16:35 - LOURENZÁ.- Cabaleiros
16:50 - MONDOÑEDO.- O Rei das Tartas
17:20 - ABADÍN.- Praza
17:35 - VILALBA.- Estación de Autobuses
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 6
15:30 - PONTEVEDRA.- Parada de Bus San Roque
16:00 - SANXENXO.- Estación de Autobuses
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 6-A
16:00 - VILAGARCÍA.- Rotonda de Cabadelo (Diante de Estaleiros)
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 6-B
15:45 - ILLA DE AROUSA
16:20 - PADRÓN.- Estrada nacional – Campo de Fútbol
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 8
16:45 - SADA.- Parada de Bus
16:55 - LORBÉ.- Parada de Bus
17:05 - MERA.- Parada de Bus
17:15 - SANTA CRUZ.- Parada de Bus (Maxi)
17:25 - PERILLO.- Parada de Bus (Habitat)
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 8-A
16:45 - BETANZOS.- Parada de Bus (Palco da Música)
16:55 - GUÍSAMO.- Parada de Bus
17:05 - O CARBALLO.- Parada de Bus
17:15 - SAN PEDRO DE NÓS.- Parada de Bus (La Raqueta)
17:20 - CAMBRE.- Glorieta do Paraugas
17:25 - O BURGO.- Parada de Bus – Intercambiador – Estación FFCC
17:30 - ACEA DA MA.- Parada de Bus
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.