RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aberto o prazo de inscrición para o XIV Torneo Real Club Deportivo

Xa está aberto o prazo de inscrición para o XIV Torneo Real Club Deportivo, que se celebrará o próximo 17 de maio, Día dás Letras Galegas, na Cidade Deportiva de Abegondo. Por terceiro ano consecutivo, o torneo disputarase nas categorías Prebenxamín e Benxamín.

Os clubs interesados en participar poden inscribirse ata o próximo 24 de abril completando o formulario desta páxina ou enviando todos os datos solicitados á dirección de correo electrónico: torneo@rcdeportivo.es.

Ademais de en esa dirección pódese ampliar información no 981 259 500 ou nas oficinas do Club na Praza de Pontevedra, 19 1º en horario de oficina (de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas).

Todos os anos, desde 2004, o Día das Letras Galegas é tamén o día da festa do fútbol basee en Abegondo. Cada 17 de maio, o Torneo RC Deportivo congrega por centos de equipos Benxamíns e Prebenxamíns de toda a xeografía galega, ofrecendo aos nenos, desde 2014, a posibilidade de disputar todos os seus partidos sobre os terreos de xogo de céspede natural nos que cada día adestran e xogan todos os equipos do Dépor. A partir daquela edición, a número 11, o espazo ocupado polo campo de herba artificial da Cidade Deportiva de Abegondo dedícase a actividades lúdicas e hostalaría, para que tanto os novos futbolistas como os seus familiares poidan gozar do día con todas as comodidades e sen un só instante de aburrimento.

Na súa edición de 2016, o número 13, máis de 10.000 persoas, entre xogadores e acompañantes, gozaron dun día inesquecible á vez que histórico, pois foi a primeira vez que os partidos finais foron retransmitidos por televisión. 81 clubs, 206 equipos (94 en categoría Prebenxamín e 112 en categoría Benxamín), case 3.100 xogadores e máis de 12 horas ininterrompidas de competición en 16 campos tiveron como colofón unha inesquecible final entre Deportivo e Celta. Desde as 09:00 horas e ata as 21:15 o fútbol non parou nunha das xornadas máis importantes do ano para o Club, a do Torneo Real Club Deportivo.