RCD / NOVAS

Abonos a prezos de segunda volta xa á venda

15/12/2019 18:00

Os abonos para o que resta de Temporada 2019-2020, con prezos reducidos após consumir xa a práctica totalidade da primeira volta de LaLiga, están á venda desde esta semana na Oficina de Atención ao Deportivista.

Xa é posible conseguir un abono do Deportivo pagando entre 50 e 357 euros en función das bonificacións (sub-25, ADN Branquiazul, estudantes, desempregados, discapacitados, maiores de 65 ou especial niñ@s) e gozar de algo máis de media temporada, incluído xa o partido do día 20 de decembro fronte ao CD Tenerife.

Os abonos poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista, na avenida de La Habana (entrada Palcos VIP do Estadio ABANCA-RIAZOR), aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.