RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abonos Dépor 2019-2020: á venda desde o martes 2 na OAD cos mesmos prezos

Desde o martes 2 de xullo todos os Deportivistas poderán facerse co seu abono para a temporada 2019-2020 na Oficina de Atención ao Deportivista.

Inicialmente a renovación só poderá ser presencial nos despachos de billetes da avenida de La Habana en horario, entre o 2 de xullo e o 23 de agosto, de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e sábados de 10:30 a 13:30 horas, podendo solicitar Cita Previa na plataforma citaprevia.rcdeportivo.es.

Os prezos dos carnés non sofren ningún tipo de modificación con respecto aos que os 23.491 socios do Dépor 2018-2019 tiveron que abonar a pasada campaña. A novidade máis destacada é que, cada socio do Dépor, pagando tan só 5 euros máis, pode facerse socio do Deportivo Liceo e acceder a todos os partidos que o equipo de Hockey dipute como local no Palacio dos Deportes de Riazor (excepto partidos declarados como Día do Club).

Ademais, esta temporada, se un abonado trae novos socios ao Dépor, o abono pode saírlle gratis. Por cada novo socio (nova alta) no momento da renovación, ao abonado que trae novos deportivistas descontaránselle inmediatamente 25 € por cada novo asociado sobre o prezo do seu carné, cun límite total de desconto do prezo total do abono a renovar (É imprescindible completar o proceso de alta do novo ou novos socios no momento da renovación para poder aplicar o desconto no abono da Temporada 2019/2020. Se no momento do alta do novo socio, esta é para unha das localidades non dispoñibles e por tanto non se completa o alta nese momento, conservarase o desconto até as datas de liberación de asentos. Se finalmente se formaliza o abono, o desconto dos 25 € aplicarase no abono da Temporada 2020/2021. Tipos de abono excluídos: socios amigos e NEN@Dépor). 

Mantéñense todas as bonificacións, descontos e modalidades de carné que estiveron activas durante as últimas campañas, e que ademais de ver ao Deportivo en LaLiga, permiten ver os partidos do Dépor Abanca na Liga Iberdrola, o Fabril e #anosacanteira en Abegondo e outra serie de vantaxes, como descontos nas DéporTiendas e a DéporClínica.

Para coñecer todos os detalles da campaña de abonos do Real Club Deportivo 2019-2020 pode consultarse o seguinte dossier.

Estes son os prezos dos abonos até o 13 de agosto de 2019
(a partir do día 14 de agosto subirán un 5%):