Os afeccionados que posúan unha entrada do partido da 24ª xornada de LaLiga SmartBank entre o Deportivo e o Cádiz CF, que se disputará este domingo 19 de xaneiro ás 16:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR, terán acceso gratuíto ao encontro da 17ª xornada da Primera Iberdrola entre o Deportivo ABANCA e o Real Betis, que comezará ás 18:30 horas dese mesmo día na Cidade Deportiva de Abegondo.
Como en todos os partidos do Deportivo ABANCA, os socios teñen acceso gratuíto ao recinto presentando o seu carné. Así mesmo, poranse á venda entradas de público por 5 euros, soamente na porta de acceso á Cidade Deportiva.
O acceso permitirase por calquera destas tres vías até completar a capacidad máxima do campo principal.