RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Acceso libre para socios e entradas á venda para o Teresa Herrera 2018, mañá mércores en ABANCA-RIAZOR

As entradas para o Teresa Herrera 2018, que alcanza a súa VI edición na categoría feminina e a LXXIII na masculina, continúan á venda.

O decano dos torneos amigables do fútbol mundial enfrontará en ambas as categorías ao Real Club Deportivo e ao Athletic Club. O encontro feminino arranca ás 18:15 horas e o masculino ás 20:45. A entrada é única para ambos os partidos e todos os socios do Real Club Deportivo poden acceder gratuitamente presentando o seu abono da Temporada 2018-2019. Para o público, as entradas custan 5 e 10 euros, ademais de 70 na Área VIP 1906.

Mañá, como todos os días de partido, as entradas poderán adquirirse nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes, que abrirán ininterrompidamente desde as 11:00 horas até o inicio do encontro masculino.

As entradas tamén poden comprarse en liña aquí