RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Acertado arranque do Benxamín A no grupo A da Primeira Autonómica A Coruña

O Benxamín A iniciou a súa participación na Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, cunha clara vitoria (13-0) fronte ao CD Calasanz C, grazas aos goles de Mateo -4-, Yael -4-, Hugo -3- e Nico -2-.

O encontro corresponde á 2ª xornada de liga; posto que na 1ª tocou descanso para o equipo deportivista.

Os seus outros rivais de grupo serán o Victoria CF C, Atlético Castros B e Ural Español CF A. O formato de competición é de liga a dobre volta.

Benxamín A: Alejandro Pais, Sergio, Antón, Nico, Leo, Hugo, Yael e Mateo. Tamén xogou: Brais Taín.

O Victoria CF C será, a próxima semana, o seguinte rival do equipo branquiazul, dirixido por Álvaro Rodríguez e Sergio Mourente.