RCD / NOVAS

Acordo para que Borja Valle xogue cedido no Elche

18/01/2017 16:40

O deportivista Borja Valle xogará cedido no Elche, da Liga 123, o que resta de temporada, segundo o acordo alcanzado entre ambos os clubs.

O futbolista berciano xa se atopa na cidade alacantina. Os Servizos Médicos do RC Deportivo xa están en contacto cos do Elche CF para o tratamento de recuperación da lesión muscular que Borja Valle sofre no seu cuádriceps dereito.

O Real Club Deportivo quere desexar a Borja os maiores éxitos nesta nova etapa profesional.

Máis novas de: BORJA VALLE