RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
DESTINO RIAZOR

Activación de Destino Arteixo para o próximo partido do Dépor Abanca

O RC Deportivo activa unha nova xornada do seu servizo Destino Arteixo para o partido que o Dépor Abanca disputa o vindeiro domingo 19 de marzo ás 12:00 horas no campo de Ponte dos Brozos fronte ao CPM Friol.

A ruta proposta é a seguinte: Deportienda Riazor - Praza de Ourense - Glorieta Estación Tren - Ponte dos Brozos (Arteixo).

A saída desde a Deportienda de Riazor realizarase unha hora antes do momento fixado para o inicio de partido e o regreso terá lugar 15 minutos despois de finalizado o encontro.

O procedemento de inscrición é exactamente o mesmo que en Destino Riazor: Remitir mail a destinoarteixo@rcdeportivo.es indicando nome, apelidos, DNI, Nº de abono, teléfono e correo electrónico.

Xornada de Destino Arteixo:

· Apertura de prazo inscrición: luns 13 de marzo de 2017
· Peche de prazo de inscrición: xoves 16 de marzo de 2017
· Mínimo 30 persoas para activarse a ruta e máximo 55. Segundo demanda axustarase o número de autobuses.
· Custos: socios gratis. Non Socios : 12€ entrada incluída.
· Publicación rutas activadas e horarios definitivos: venres 17 de marzo de 2017.