Activado Destino Abegondo para o Fabril-Racing de Ferrol
Xa está activa unha nova xornada de Destino Abegondo, servizo para os socios e afeccionados que residen fóra da cidade e que lles permite acudir aos partidos, aos abonados de maneira gratuíta e aos afeccionados por un pequeno suplemento sobre a entrada, que o Fabril xoga en casa.
Xa é posible inscribirse para viaxar Destino Dépor ao partido Fabril-Racing Club de Ferrol.
Custo:
-Socios: 0€
-Afeccionados (prezo xeral): 12€
Inscricións:
Apertura de inscrición: 10/01/2018 10:00
Peche de inscrición: 17/01/2018 23:59
Publicación de rutas definitivas: 19/01/2018
O paquete Destino Dépor inclúe:
-Traslados en autocar
-Seguro de viaxe
-Entrada en Preferencia Superior para asistir ao encontro (excepto no caso dos socios)
Avisos importantes:
Aqueles afeccionados que non se atopen á hora indicada nas paradas sinaladas tanto o traxecto de ida como de regreso corren o risco de perder o autobús. Dado que a posta en marcha do programa supón un investimento económico para o Club, só se activarán as rutas que teñan un mínimo 30 afeccionados inscritos. Por ese mesmo motivo os socios/afeccionados que unha vez inscritos se dean de baixa dunha ruta ou non acudan á mesma serán penalizados sen poder acceder á seguinte viaxe. Así mesmo, as prazas do autobús son limitadas, polo que unha vez completadas as prazas (por rigorosa orde de inscrición) non se aceptarán máis solicitudes para devandita ruta.
O dereito de uso gratuíto deste servizo outórgaselle unicamente ao titular do abono, polo que haberá un rigoroso control e no acceso ao bus deberá mostrarse o abono e DNI ao condutor.
DESTINO ABEGONDO - Deportienda Riazor - Praza de Ourense - Alfonso Molina (Praza de Madrid, fronte Estación de Autobuses) Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.