RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Activado o regreso do Infantil B, Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B de #ANOSACANTEIRA

O Comité de Fútbol Base da Real Federación Galega de Fútbol acordou esta semana por unanimidade activar todas as competicións de base, que en #ANOSACANTEIRA afectan ao Infantil B, Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

O sistema de competición, que quedará definido nos próximos días, será de formato exprés para esta temporada 2020-21.

Ábrese pois un prazo de inscrición para configurar definitivamente as diferentes ligas cun obxectivo claro por parte dos reitores do fútbol galego: a práctica do deporte para nenos e nenas despois dun ano de paralización do fútbol base pola pandemia de COVID-19.

Este regreso á competición sempre estará de acordo ás medidas sanitarias establecidas e no protocolo federativo autorizado pola Xunta de Galicia.

Até a data, cadetes, infantís, alevíns e benxamíns de #ANOSACANTEIRA realizan varios días á semana adestramentos individuais específicos no domicilio, supervisados polos diferentes adestradores; á espera de retornar á Cidade Deportiva de Abegondo en canto permítano as autoridades.

Cadete A, Cadete B e Infantil A arrancan a finais de marzo

A Federación Galega de Fútbol, ante a decisión adoptada polo Comité Clínico da Xunta de Galicia publicada no DOGA, acordou elevar unha nova proposta ao órgano representativo da Asemblea Xeral para a súa aprobación.

Así, no que fai referencia a #ANOSACANTEIRA, os reitores do fútbol galego pretenden que a División de Honra cadete (Cadete A), Liga Galega cadete (Cadete B) e Liga Galega infantil (Infantil A) comecen a competición a finais de marzo.

As ligas terán un formato exprés, cunha duración entre 10 e 16 semanas. Non haberá descensos pero si ascensos; e a competición poderase prolongar máis aló do 30 de xuño.