RCD / NOVAS

Adefer, patrocinador de Adrián Lapeña para a temporada 2021-2022

14/09/2021 13:53

Adrián Lapeña recibiu a súa camiseta para esta temporada co patrocinio persoal que lucirá durante toda a campaña, o de Adefer, solucións de saneamento.

A empresa coruñesa de artigos de fontanaría, griferías e saneamentos Adefer Iglesias leva desde 1987 involucrada con todo o realacionado coa auga desde as súas instalacións na avenida de Nostián 20 en Meicende.

Ademais de en a elástica de xogo, a firma patrocinadora tamén aparecerá nas aliñacións dos partidos oficiais, tanto en redes sociais como en vídeomarcadores, na páxina do xogador na web do Club e no micrófono de sala de prensa durante as súas comparecencias. A estes soportes dixitais uniranse varias actividades co futbolista ao longo da temporada, tanto nas instalacións do propio patrocinador como nas do RC Deportivo. Os sponsors tamén terán a oportunidade de ser patrocinadores dun dos partidos da temporada en ABANCA-RIAZOR.

Todos os detalles deste novo patrocinio para as empresas que queiran completar a lista de patrocinadores de Vos Nosos nesta temporada 2021-2022 poden consultarse ao departamento comercial do Club en comercial@rcdeportivo.es.