RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento con balón no regreso ao traballo do Dépor

O Deportivo, hoxe ademais co meta fabrilista Pedro López, comezou en Abegondo a preparar o partido ante o Albacete Balompié, previsto para este domingo 20 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR (18:00 horas, Movistar Partidazo).

O balón foi o gran protagonista. Após un quecemento, o cadro realizou un exercicio de centros e remates; unha tarefa de posesión de balón e, para concluír, fútbol con 3 porterías. Todo coa pelota como protagonista.

Estiveron fóra do céspede Pedro Sánchez, Carlos Fernández e Krohn-Dehli, que realizou un adestramento específico debido a algunha molestia no tendón de Aquiles.

Christian Santos retirouse antes que os seus compañeiros ao vestiario debido a unha molestia nun sóleo, pendente de avaliación médica nos próximos días.

Mañá mércores, os futbolistas están citados ás 11:00 horas en Abegondo para un novo adestramento.