RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento de recuperación esta mañá para os futbolistas titulares ante o Sevilla

Os futbolistas titulares onte ante o Sevilla tiveron esta mañá unha sesión de recuperación en Abegondo, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e masaxe. Para o resto do primeiro persoal, o adestramento foi de alta intensidade, cos fabrilistas Hugo Rama, Bamba, Hugo Díaz e Naveira.

Joselu, Laure e Borja Vale adestráronse co readaptador do equipo, primeiro no ximnasio e logo no céspede da cidade deportiva.

Mañá luns haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o martes 22 de novembro ás 10.30 en Abegondo, para comezar a preparar xa a visita ao Málaga, prevista para o sábado 26 de novembro na Rosaleda (13.00 horas, Bein Sports).