RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento de recuperación para os titulares onte no Estadio Anxo Carro

Os futbolistas titulares onte no Estadio Anxo Carro de Lugo tiveron esta mañá un adestramento de recuperación en Abegondo, con estiramentos, progresións, rondos e paso polo ximnasio e a padiola de fisioterapeutas.

Para os demais integrantes do cadro, incluído Jovanović e os metas canteiráns Boian e Alberto, houbo, como é habitual despois de cada partido, un exercicio de posesión, un circuíto físico con finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Salva Ruiz adestrouse co readaptador Fran Molano e David Simón completou un traballo específico no ximnasio.

Mañá haberá xornada de descanso. O equipo regresa aos adestramentos o mércores 4 de decembro ás 11:00 horas en Abegondo.