RCD / NOVAS

Adestramento e foto oficial de finalistas na previa da Copa de Campións

26/06/2021 15:25

O Deportivo Xuvenil de Óscar Gilsanz realizou o seu último adestramento previo á final da Copa de Campións de División de Honra xuvenil nas instalacións do Marbella Football Center, sede do evento desde o pasado xoves.

Á conclusión, o técnico coruñés e o capitán branquiazul, Mario, saudaron aos seus homológos no FC Barcelona durante o pousado oficial de finalistas en véspera da cita de mañá domingo.

A Televisión de Galicia, a través da súa emisión por televisión (TVG 2) e a súa páxina web: www.crtvg.es/deportes/directo, e as plataformas online da RFEF: www.rfef.es, ofrecerán en directo desde o Marbella Football Center esta gran final da Copa de Campións Xuvenís que enfronta ao Dépor e o Barça.