Un exercicio co Xuvenil A, tarefa principal esta tarde no campo 3 de Abegondo
Clarence Seedorf recrutou ao Xuvenil A para o adestramento vespertino do Deportivo no campo 3 da Cidade Deportiva.
Tras un quecemento, o técnico holandés dividiu aos seus futbolistas en dous grupos: defensas e centrocampistas defensivos nun lado do campo; e atacantes e dianteiros noutro.
Os dous grupos traballaron con senllos grupos do equipo xuvenil, este baixo a dirección de Rubén Coméndez e o seu equipo técnico.
Estiveron á marxe do grupo Fede Valverde, Fede Cartabia, Luisinho e Eneko Bóveda.
Mañá haberá dobre quenda de adestramento. O matinal arrincará ás 12:30 en Abegondo.
Adestramento por liñas no Dépor, esta mañá en Abegondo
O Deportivo tivo un adestramento por liñas esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo, a porta pechada.
Así, ás 12:00 horas traballaron os defensas e TytoÅ, incluído o fabrilista Lucas e o central xuvenil Mujaid.
A quenda para os atacantes, e o meta Rubén, foi ás 12:45 horas; e os centrocampistas, ademais de Koval, arrancaron ás 13:30 horas.
O traballo consistiu fundamentalmente nun intenso circuíto físico con balón.
Estiveron á marxe do grupo Fede Valverde, Fede Cartabia, Luisinho e Bóveda.
Pola tarde, todo o cadro saltará ao céspede a partir das 18:00 horas.