RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adri Castro e Pablo Brea entran na convocatoria do Fabril para o único encontro esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Un só partido xógase esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA, o do Fabril nas Pontes mañá domingo 14 de febreiro ás 16:30.

Os branquiazuis chegan trala derrota do pasado mércores en Paiosaco nun partido marcado pola expulsión do meta Alberto aos 14 minutos de xogo.

Juan Carlos Valerón poderá contar con Adri Castro e Pablo Brea, que se adestraron toda a semana co primeiro equipo pero finalmente non foron convocados por Rubén de la Barrera. Os demais xogadores citados son: Isra, Iván Guerrero, David Suárez, Juan Rodríguez, Yuste, Kanouté, Javi Sanmartín, Barba, Sarmiento, Manu Mosquera, Javi Sánchez, Pescador, Prendes, Boedo e Juan Cambón; ademais dos xuvenís Brais, Yeremay e Guille Bueno.

Son baixas forzosas no filial deportivista Alberto, sancionado; e Reinoso, lesionado.

Pola súa banda, o partido da 15ª xornada da División de Honra entre o CD Choco e o Xuvenil A, previsto para hoxe sábado 13 de febreiro en Redondela, foi aprazado por un caso de COVID-19 no conxunto pontevedrés.

O Xuíz de Competición da RFEF fixará agora unha nova data para a celebración do partido "o máis próxima no tempo".

Teñen fin de semana de descanso o Deportivo ABANCA B e o Xuvenil B.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 17ª xornada: CD AS PONTES - FABRIL, mañá domingo 14 de febreiro ás 16:30 no Poboado

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 15ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL A, aprazado