RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adri Castro regresa ao Fabril a próxima temporada

Adrián Castro Mesa (Cambre, 12 de outubro de 1998) regresa ao Real Club Deportivo após militar a pasada temporada nas filas do Ourense CF, unha campaña que acabou o pasado sábado para o conxunto da cidade das Burgas na final de ascenso a Segunda B.

O dianteiro coruñés, formado en #anosacanteira desde alevíns e con pasado no Laracha CF, anotou 11 goles nos 27 partidos de liga regular celebrados este último curso en Terceira División, ademais dun tanto na final da promoción de ascenso desta fin de semana.

Ademais, Adrián proclamouse campión de España da Copa das Rexións UEFA coa Selección Galega de Afeccionados no mes de marzo de 2020, sendo o máximo realizador do combinado galego.