RCD / NOVAS

Adri Castro xogará cedido no Arenteiro esta temporada

10/07/2021 13:59

O RC Deportivo, o CD Arenteiro e Adrián Castro Mesa (Cambre, 12 de outubro de 1998) chegaron a un acordo para que o xogador coruñés milite cedido no conxunto ourensán a próxima temporada.

O Deportivo quere desexar a maior das sortes a Adri Castro neste próximo proxecto deportivo que afrontará en Segunda RFEF co Arenteiro.