RCD / NOVAS

Adrián e Rubén Pérez, campións de Europa Sub-21

Os deportivistas Adrián e Rubén Pérez proclamáronse esta noite campións de Europa Sub-21 coa Selección Españonda ao vencer (2-0) na final a Suíza.

25/06/2011 23:32

Ademais, Adrián foi nomeado mellor xogador e pichichi da competición. Hoxe na gran final, o ariete branquiazul non marcou e foi substituído nos últimos minutos. Rubén non chegou a saltar ao terreo de xogo.

De Adrián referiuse o Presidente Lendoiro o pasado venres en rolda de prensa. O dirixente branquiazul mostrouse "optimista" de que xogue no Dépor tras a renovación por unha tempada realizada polo club en base ao artigo 18 do convenio entre LFP e AFE.

Máis novas de: ADRIÁN, RUBÉN PÉREZ