RCD / NOVAS

Adrián e Rubén Pérez volven á Sub-21 de España

Os xogadores do Deportivo Adrián e Rubén Pérez foron convocados para disputar dous partidos clasificatorios a principios do próximo mes de setembro, clasificatorios para o Campionato do Europa Sub-21. Así, o día 2, España recibirá a Países Baixos en Alcoy; e o martes 7 de setembro, a Selección visitará Polonia na cidade de Grodzisk Wielkopolski.

26/08/2010 22:52

Esta mañá, o fabrilista Stopira foi citado pola súa Selección Nacional, Cabo Verde, para medirse a Mali en Praia o vindeiro sábado 4 de setembro. O partido é clasificatorio para a Orange Can 2012.

A maiores, Andrés Gardado disputará os dous próximos partidos oficiais de México, o sábado 4 e o martes 7 do próximo mes de setembro, ante Ecuador e Colombia respectivamente. O pasado 11 de agosto, Gardado enfrontouse nun amigable a España no Estadio Azteca, encontro no que foi titular.

Máis novas de: ADRIÁN, RUBÉN PÉREZ