RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Adrián e Valerón eloxian ao Barça: É o mellor equipo

Adrián e Valerón foron os protagonistas esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol e onte no césped de Riazor. O primeiro polo seu 'hat trick', o primeiro da súa carreira; o segundo polo seu bo partido en xeral e p

O ariete asturiano, "contento" non só polos seus goles senón tamén "porque se gañou e pasou", recoñece que nunca en Primeira División marcara nin dúas nin tres goles nun mesmo partido. Cre que o feito de marcar "sempre vén ben e dá confianza".

Sobre o rival na Copa, o Almería ou o Mallorca, Adrián non ten preferencias: "Dáme igual. Son perigosos os dous".

Opina que se entende ben con Valerón porque "calquera que xogue arriba enténdese ben con el" e cre que o Barça "é o mellor equipo". "Todo o fan ben e por iso son os mellores", apunta.

Pola súa banda, Valerón destaca o "bo ambiente de traballo e a boa relación entre todos os compañeiros". Sobre o partido de onte, di o grancanario que "para min é importante sentirme útil".

Di que o Barça "é un rival moi difícil de bater" pero advirte que o  Dépor "sairá coa ilusión de facer un bo partido e porlles as cousas difíciles".