RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adrián: "Estamos a traballar moi ben, só falta que nos saian os partidos"

Adrián López recoñeceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que a faceta defensiva é o talón de Aquiles esta temporada do Deportivo: "Encaixamos bastantes goles. É un tema de todos porque os primeiros que defendemos somos os que xogamos arriba. É unha materia que a queremos mellorar. Hai que tentalo en cada adestramento, en cada partido seguinte que veña hai que tentar facelo mellor".

O dianteiro asturiano está convencido que "se seguimos facendo ocasións e metendo goles, cando sexamos capaces de non encaixar, sacaremos máis puntos. E iso é o obxectivo do equipo".

Do partido de Copa do Rei (volta de dezaseisavos de final) deste mércores 29 de novembro no Estadio de Gran Canaria (20:30 hora insular, 21:30 na Península, Bein LaLiga), sostén Adrián, após o 1-4 da ida no Estadio ABANCA-RIAZOR, "en fútbol nunca se sabe o que pode pasar. Temos que tentar ir alí coas ganas de competir ben, de tentar gañar o partido se se pode gañar, e de coller boas sensacións e facer un bo partido".

Asegura Adrián que o vestiario "está ben. Somos conscientes de que aínda queremos estar mellor e conseguir historias, que ao final é o que che dá confianza. O grupo está ben, está unido, está con ganas. E iso é o máis importante. Estamos a traballar moi ben durante toda a semana. Só falta que nos saian os partidos como nós queremos".

Preguntado polo "encontrón" entre dous compañeiros co que Cristóbal Parralo, técnico deportivista, puxo o punto e final ao adestramento de hoxe, Adrián subliñou que "no vestiario estaba todo o mundo bastante tranquilo. Non sei o que pasou porque me levantei do tratamento e vin para aquí e tampouco me decatei moi ben. Non creo que haxa que darlle máis importancia que un calentón que tivesen".

A nivel particular, titular e goleador onte, mostrouse "contento por volver xogar. Levaba un tempo sen poder facelo. Foi un partido (ante o Athletic) bastante disputado ante un rival que sempre é difícil porque esíxeche bastante. Ao final, un empate bastante xusto".

Cre que durante os noventa minutos, "por fases eles estiveron mellor, por outros momentos estivemos mellor. Foi moi disputado. O perfecto tería sido sacar os tres puntos. Pero se non se conseguen tres, un está ben".