RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adrián López desexa que todos pasemos un bo ano xuntos

Adrián López uniuse esta mañá á xente mariñeira. Tras recoller os seus abonos de socio de mans da Directora da área Social, Gelines Romero, o dianteiro asturiano atendeu aos medios de comunicación e lanzou esta mensaxe aos afeccionados branquiazuis: "Estamos moi contentos dos socios que estamos a ter. Xa están con ganas, igual que todo o equipo. Animarlles a que estean a lume de biqueira connosco. Para facer un bo ano é importante ser un equipo forte na túa casa. E a iso axúdache a túa afección".

Non lle sorprende a gran resposta do deportivismo cada ano: "Non atopas afeccións así en todos os equipos. Para nós é clave que estean a matar connosco. E nós sen ningunha dúbida imos dalo todo para darlles alegrías e que pasen un bo ano. Que todos pasemos un bo ano xuntos".

Vese ante o inicio de liga con "moi boas sensacións. Contento por empezar co equipo hai uns días. Adaptándome o máis rápido posible. Acolléronme todos moi ben. A min axúdame que xa coñezo a moita xente do Club. Moi contento e con moitas ganas de que empece isto xa".

Para este domingo 20 de agosto ante o Real Madrid no Estadio ABANCA-RIAZOR (22:15, Movistar Partidazo), confesa que Pepe Mel "está a motivar a todos para empezar ben. Sempre é importante empezar a liga facendo as cousas ben. Temos enfronte un equipo que agora está espectacular. Pero cada partido é un mundo".

Para Adrián, a receita do éxito é "pensar que xogamos na nosa casa, en que faremos as cousas o mellor posible para sacar un bo resultado".

A nivel particular, explica que "fago o traballo co equipo e un pouco máis. Estamos aí manexando as cargas. Pero atópome ben e dispoñible para poder xogar o domingo".