RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adrián López inicia tratamento de recuperación

O dianteiro do RC Deportivo, Adrián López, sufriu un traumatismo directo ao final da partida fronte ao Girona sobre a cara lateral do seu ombreiro dereito. Isto provocoulle unha lesión na articulación acromioclavicular. Realizadas as probas iniciais, todo parece indicar que non requirirá cirurxía para volver xogar sen limitacións.

Esta semana realizaránselle outras probas complementarias, aínda que desde hoxe xa iniciou tratamento para que, despois do período de recuperación e do de readaptación, poida volver adestrar co grupo.

O atacante asturiano, do mesmo xeito que Rubén Martínez e Carles Gil, son o únicos tres futbolistas á marxe do grupo de cara ao encontro deste xoves 26 de outubro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante a UD Las Palmas (20:30 horas, Bein LaLiga), na ida de dezaseisavos de final da Copa do Rei.

Podes consultar aquí o estado físico do equipo deportivista: