RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adrián López recibe o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de decembro

Esta mañá fíxose entrega, nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, do premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de decembro no Real Club Deportivo, outorgado ao dianteiro asturiano Adrián López.

As representantes do Tira do Praia, Estefanía e Nicole, foron as encargadas de entregar o cuarto galardón desta temporada, un premio que cada mes deixa en mans dos afeccionados do Dépor, mediante unha votación popular a través das redes sociais do Club, a elección do que consideren mellor xogador dese período de tempo.

No mes de decembro os tres finalistas, elixidos os medios que cobren a diario a información do RC Deportivo foron Adrián con 29 votos, Rubén con 21 e Sidnei con 12. Os partidos a avaliar eran os disputados ante Sevilla, Leganés, Barcelona e Celta. Nas votacións en Twitter e Facebook, os apoios repartíronse así: 3.427 votos en Twitter (56% Adrián, 26% Sidnei e 18% Rubén) e 293 en Facebook (65% Adrián, 25% Rubén e 10% Sidnei).

Deste xeito Adrián convértese no cuarto Xogador Estrella Galicia 2017-2018 xunto a Luisinho (setembro), Fede Valverde (outubro) e Fabian Schär (novembro).

O dianteiro de San Martín de Teverga agradeceu o recoñecemento dos afeccionados e, acompañado por Pablo Freire, representante de Estrella Galicia, fixo entrega á súa vez ao Tira do Praia dunha camiseta asinada e enmarcada.