RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adrián López únese este xoves á xente mariñeira

O dianteiro deportivista Adrián López pasarase mañá xoves 17 de agosto ás 13:30 h. pola Oficina de Atención ao Deportivista para retirar o seu carné de socio e unirse así á xente mariñeira, superada xa a barreira dos 25.000 socios.

Ao finalizar o acto para os reporteiros gráficos, Adrián López atenderá aos medios de comunicación, a poucos días de iniciar no Estadio ABANCA-RIAZOR LaLiga Santander ante o Real Madrid, este domingo 20 de agosto a partir das 22:15 (Movistar Partidazo).