RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Agora só podemos dicir síntoo

Juan Carlos Valerón atendió un a un a todos os medios de comunicación onte á noite no césped de Riazor, instantes después da derrota ante a Valencia. Cunha gran enteireza, sen dúbida a que mostró nos seus dúas gra

Ídolo do deportivismo e unha das lendas deste Club, Juan Carlos Valerón prometeu traballar "desde xa para volver a tempada que vén a Primeira División".
 
Con igual enteireza, o Presidente Augusto César Lendoiro compareceu primeiro en zona mixta e logo, respondeu persoalmente a todas as cadeas de radio e televisión nacionais que reclamaron as súas impresións (a Sexta, Intereconomía, Cadea Cope...). Lendoiro, dirixente deportivo desde os 15 anos (cumpriu en xuño 65) tanto en fútbol modesto, fútbol profesional, balonmán e hockey sobre patíns, advertiu que o Club se pon "ao choio para volver situar o Deportivo na máxima categoría".
 
E é que parece que este Club dos nosos amores faino todo ao grande. Ata descendendo fai historia. Aínda é o único equipo español en gañar no Olímpico de Munich ao Bayern en competición europea. Agora, baixa a Segunda División batendo unha marca: 43 puntos na clasificación. Nunca na historia da liga en España baixara un equipo con tanta puntuación.
 
O reto agora para toda a familia branquiazul é regresar a Primeira a tempada que vén.