RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

?Agradezo o apoio de toda a afección? subliña Rubén após a súa recuperación

Rubén Martínez pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo unha vez confirmada a súa alta médica.

Quixo expresar publicamente o "agradecemento á xente que me apoia, que me mandou mensaxes de apoio. Estou moi contento, moi agradecido, moi orgulloso por estas mensaxes. Nada de presión nin de nada iso". "Agradezo o apoio de toda a afección", conclúe Rubén.

Recoñeceu que ante a oportunidade que se lle presenta de poder volver a Málaga este domingo 19 de novembro (12:00 horas, Bein LaLiga), ante un dos seus ex equipos, "cando volves a un dos equipos onde estiveches, sempre fas amizades. Eu lévome moi ben con xente que está alí, ex compañeiros, xente do club, traballadores do club que me trataron fenomenal na miña etapa alí. Ver a toda esa xente, á afección tamén por suposto, sempre é especial".

A xuízo do porteiro de Coristanco, "todos os partidos deben ser finais para nós, sobre todo contra equipos que están en posición similares ou preto aí abaixo. Nós temos que afrontar cada partido coma se fose unha final porque para ser competitivos debemos ser así, coma se fose o último partido, onde nos xogamos todo. Se non nos custaría moito sacar resultados".

Explica que a mentalidade coa que vai o Dépor a Málaga é para "sacar o tres puntos. Ir gañar fóra é importantísimo para nós. Que gañar un partido fóra non sexa unha anécdota, que sexa algo que se nos de ben, xogar fóra, sacar puntos fóra, que sexa algo ao que nos afagamos. Lamentablemente estes últimos anos ao Dépor cústanos moito gañar fóra".

Preguntado polas críticas recibidas polos seus compañeiros de demarcación durante a súa ausencia dos terreos de xogo, Rubén opina que "se cargou só nunha posición e isto é responsabilidade de todo o equipo. Todos os partidos que xogaron estiveron máis ou menos acertados. Nalgúns partidos houbo máis nivel que outro pero isto é responsabilidade de todos".

Por este motivo, cre que se "estivo enfocando demasiado para unha posición só, cando é responsabilidade de todo o equipo".

Despois de dous meses de baixa, confesou sentirse "ben, collendo sensacións. Aos poucos fun collendo forma física, dor ben, ou sexa que moi ben".

Así, lembra que "teño a alta médica e estou a disposición do que decida o adestrador, que é o que manda. Un traballador máis".

Desvela que durante o tempo de baixa pasouno "mal vendo competir ao equipo e ti non podes nin sequera adestrar. É unha rutina que tes. Dedícaste ao que che gusta e é complicado non poder adestrar, non poder axudar ao equipo, non poder competir. Non o levaba ben de todo".