RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ainoa Campo, ilusionada co Dépor ABANCA: "Podemos facer un gran papel o ano que vén"

Ainoa Campo Franco (Calahorra de Boedo, Palencia, 17 de xuño de 1996) pasouse esta mañá pola sala de prensa virtual do club.

Estas foron algunhas das frases do novo reforzo do Dépor ABANCA.

Imaxe do Dépor ABANCA desde o CD Tacón

"Ao ser un equipo recentemente ascendido ao principio os equipos mirábano con menos medo, como un equipo máis frouxo, sen experiencia. Pero non pasaron moitas xornadas para darnos conta de que o Dépor ABANCA viña pisando forte e ao final converteuse nun dos mellores equipos da liga. Todo o mundo temía xogar contra elas, demostraron estar a un alto nivel".

Obxectivos a nivel persoal e colectivo

"Estou moi contenta por fichar. Esta última temporada foi unha gran campaña para elas. E a que vén afróntoa con moita ilusión. Espero dar o mellor de min para axudar ao equipo. A nivel colectivo, mantendo a base do equipo e con algunha fichaxe como o meu, podemos facer un gran papel".

Central ou mediocentro

"Esta temporada alternei ambas as posicións. Se cadra xoguei máis partidos de central e por iso pode ser que estea máis cómoda nesa posición. Pero ao final levo toda a vida xogando tamén de mediocentro así que tanto unha como outra non son problema para min.

É certo que o Deportivo ABANCA tivo algunha baixa en defensa, tamén no centro do campo. Así que estarei disposta a xogar onde o adestrador, segundo o partido, determine".

Regreso da competición con ou sen público e final da liga este ano

"Nós como xogadoras queriamos xogar, terminar a competición, empezar canto antes a seguinte. Pero ao final a saúde prima sobre todo o demais. Temos que estar pendentes de como evolucione a pandemia e o que sexa máis beneficioso para a nosa saúde. Se non se pode xogar con público, farémolo sen el. Nós queremos xogar ante todo aínda que nos gustaría xogar coa nosa afección, que nos beneficia tamén".

Valoración da temporada pasada

"Foi unha gran temporada para min. Viña do Madrid CFF de non xogar todo o que unha xogadora lle gustaría pero desde o primeiro momento o adestrador deume a confianza que necesitaba. Tiven un papel importante no equipo e tentei axudar en todo o posible.

Que teñas a opción de fichar polo Dépor ABANCA é un agasallo á temporada que realicei. Ilusióname, estou moi contenta por iso e fai que teña moitas ganas de que comece a nova temporada".

Obxectivo desde o Club para a próxima temporada

"O Deportivo ABANCA fixo un papel impresionante esta temporada. Para min foi o equipo revelación. É difícil igualar isto pero ao final mantendo o mesmo equipo hai que aspirar a igualalo ou mesmo poder melloralo. Sempre hai que mirar cara arriba".

Remontada histórica en Valdebebas

"Desde o punto de vista de xogadora do CD Tacón ao final fómonos con moita rabia, impotencia. Vimos que iamos gañando 3-0 case ao final do partido e puidemos relaxarnos. E en Primeira División o nivel é grandísimo, o Dépor ABANCA estivo a un gran nivel e demostrou que loitando até o final pódese remontar un partido como ese".

Contactos co Dépor ABANCA

"Desde o primeiro momento o Deportivo ABANCA interesouse por min. Desde que acabou a temporada estivemos en contacto e ao final apostaron por min. Vin que demostraron moito interese. Pensei neles, no que lles caracteriza, que é un equipo que quere ter o balón. Son unha xogadora con boa saída de balón. Imaxinábame nun futuro no Deportivo ABANCA e cría que podía encaixar".

Factor determinante para elixir ao Dépor ABANCA

"Esta temporada foi para min o equipo revelación. Fixo unha gran temporada. Foi un dos equipos máis fortes da liga. Que teñas unha oferta dun equipo como este fai que esteas ilusionada, que teñas moitas ganas. Ademais o interese que demostraron por min fai que adquira confianza e que me decidise por esta opción".

Saída do CD Tacón

"O feito de que se che expoña unha oferta dun equipo como o Deportivo ABANCA é unha opción a ter en conta. Fixo unha gran temporada, é un equipo que pode aspirar a cousas importantes a temporada que vén. Foi unha decisión difícil. Tiven que pensalo ben e ao final decidinme por iso. É certo que a todo o mundo gustaríalle xogar no Real Madrid pero temos que mirar por nós. Creo que para min, a nivel persoal, é o mellor. Estou moi ilusionada e imos realizar unha gran temporada".

Por que o Dépor ABANCA?

"Fixo unha gran temporada como o demostrou quedando cuarto clasificado na liga. Para min foi o equipo revelación. Para min é un factor a ter en conta. Que un equipo como este mostre interese en ti fai que me decidiu pola fichaxe. Podemos facer un gran papel o ano que vén. Estou con moitas ganas e ilusión para empezar canto antes a temporada".

Manter o listón da temporada pasada

"Poida que sexa difícil igualar o conseguido pero o equipo ten que ter obxectivos, aspirar a cousas cada vez máis importantes. Podemos ter un papel importante esta temporada e mesmo mellorar o xa logrado".

Lesións de xeonllo

"Por desgraza tiven dúas lesións moi importantes. Rompinme o cruzado do xeonllo esquerdo e dous anos despois o do xeonllo dereito. É algo xa esquecido. Esta temporada non supuxeron ningún impedimento para min. Recupereime á perfección, non teño ningún tipo de molestia nin de problema con elas".